O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos non rexistra grandes variacións na xornada de hoxe en Fonterra e continúa, polo tanto, cos prezos elevados. De feito, anota nesta terceira semana de novembro 3.268 $/tonelada, cun cambio do 0,0 %.
Cabe resaltar que o leite enteiro en po mellora e sobe un 1,9 %, chegando así os 3.027 $/tonelada. Pola súa parte, a manteiga sofre un leve descenso (-1,1 %) e marca 4.833 $/tonelada. O leite desnatado en po tamén baixa, nesta ocasión un -3,8 %, e rexistra 2.622 $/tonelada.
A caída máis notable nesta xornada é a do queixo, que se queda nos 3.637 $/tonelada (-9,7 %).