A pesar da subida de prezos rexistrada onte en Fonterra, cun crecemento histórico no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar o informe de entregas de leite correspondente ao mes de xaneiro, no que se fixa un prezo medio do conxunto estatal de 0,340 €/litro, o mesmo que o pasado decembro e por enriba do rexistrado no mesmo período do ano 2020, cando se lograba un prezo medio de 0,336 €/litro. .
Canarias (0,424 €/litro), Asturias (0,360 €/litro), País Vasco (0,357 €/litro) e Castela-A Mancha (0,355 €/litro), son as comunidades que manteñen os importes máis elevados mentres que Baleares (0,324 €/litro), Galicia (0,330 €/litro), Murcia (0,335 €/litro) e Cataluña (0,337 €/litro) se sitúan no outro extremo.