Estabilidade nos prezos de Fonterra esta quincena

Estabilidade nos prezos de Fonterra esta quincena

Pouca variación nos prezos na poxa desta semana en Fonterra. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos baixou lixeiramente (-0,2%) e, ao peche da xornada, estaba en 4.150 $/tonelada.

O produto cun cambio máis notable foi o queixo, que incrementou o seu valor un 1,0 % e creceu ata os 4.321 $/tonelada. Mellora tamén o valor do leite semidesnatado en po, que acada os 3.447 $/tonelada (+0,7 %).

Baixa a manteiga (-2,2 %), que pecha o día en 4.929 $/tonelada, e tamén é levemente inferior o prezo do leite enteiro en po: 4.123 $/tonelada (un -0,2 % menos que na quincena anterior).