A poxa de hoxe de Fonterra viviu un incremento no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, como vén sendo habitual nas últimas semanas. Nesta ocasión, aumenta un 1,2 % respecto da pasada poxa e alcanza así unha media de 4.193 $/tonelada. O aumento máis notable percíbese no leite enteiro en po que, cunha suba dun 4,1 %, chega aos 3.984 $/tonelada.
Pola súa parte, descende o valor do leite desnatado en po (-1,0 %), do queixo (-3,2 %) e da manteiga (-5,2 %), anotando 2.848 $/tonelada, 4.689 $/tonelada e 6.680 $/tonelada, respectivamente. Estes datos reflicten que, a pesar da baixada que experimentan no seu valor esta quincena, o queixo e a manteiga continúan marcando prezos elevados.