Continúa o descenso no valor dos produtos sacados a poxa en Fonterra e, con respecto á quincena anterior, a media diminúe máis dunha décima. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos descendeu un 4,5 %, ata os 3.227 $/tonelada.
Acusa especialmente a redución o leite enteiro en po (-5,2 %), que anota 3.053 $/tonelada. Tamén son notables as baixadas da manteiga (-3,3 %) e do queixo (-3,8 %), que ao peche da xornada estaban nos 4.595 $/tonelada e nos 4.167 $/tonelada, respectivamente. Pola súa banda, o leite desnatado en po descende un 2,5 %, ata os 2.579 $/tonelada.