O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos en Fonterra comezou o mes de xullo cunha diminución xeneralizada: baixa un 6,9 %, ata os 3.782 €.
A manteiga foi o produto cunha redución máis notable: descende un 10,2 %, ata os 6.546 $/tonelada. Tamén baixa o valor do queixo nun 6,9 %, ata os 3.980 $/tonelada.
Por outra banda, os prezos do leite enteiro en po e do leite desnatado en po tamén sofren un descenso: rexistran valores de 3.218 $/tonelada (-4,3 %) e de 2.586 $/tonelada (-6,1 %), respectivamente.