Os máximos na poxa neozenlandesa de Fonterra parecen non ter límite nos últimos tempos. Na poxa celebrada onte, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos superou con folgura a barreira dos 5.000 $/tonelada xa que, tras un incremento do 5,1 % con respecto á última quincena, esta semana alcanzouse a cífra récord de 5.065 $/tonelada.
Nunha xornada na que todos os produtos sacados a poxa rexistraron mellorías notables, destacou particularmente o queixo, que aumentou o seu valor un 10,9 % e chegou os 6.394 $/t. Moi boa é tamén a subida do queixo (+5,9 %), que acada os 7.089 $/tonelada. Seguen, así mesmo, en ascenso os valores do leite enteiro en po e do leite desnatado en po: rexistran un prezo final de 4.757 $/t (+5,7 %) e 4.481 $/t (+4,7 %), respectivamente.