Logo dun ano con cifras históricas, a última poxa de 2022 en Fonterra terminou cos valores lixeiramente á baixa. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos estaba ao peche da sesión nos 3.493 $/tonelada (un -3,8 % menos que na anterior quincena).
O descenso máis marcado anotouno o leite desnatado en po, cun descenso do 4,8 %; seguido de preto polo leite enteiro en po, que reduciu o seu valor un 4,0 %. O primeiro produto rexistrou un prezo final de 2.965 $/tonelada; mentres que o segundo acadou os 3.246 $/tonelada.
Baixou tamén a manteiga (-2,6 %), ata os 4.602 $/tonelada, e o queixo (-4,0 %), que queda nos 4.801 $/tonelada.