Hai uns minutos pechábase en Fonterra a última poxa de 2020 e os datos son bos: o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou un valor final de 3,317 $/tonelada, un incremento con respecto á última quincena do 1,3 %.
Nesta ocasión, os produtos que anotan unha subida máis marcada son o queixo, que ascende un 4,2 % ata os 3,893 $/tonelada, e a manteiga, cuxo valor crece un 6 % ata os 4,221 $/tonelada.
Tamén son positivos os datos do leite en po: o leite enteiro en po sobe un 0,5 % ata os 3,210 $/ton e o leite semidesnatado en po acada os 2,930 $/tonelada tras pechar a xornada cun incremento do 1,2 % no seu valor.