Fonterra pecha a xornada cunha subida media do 4,3 %

Fonterra pecha a xornada cunha subida media do 4,3 %

A poxa de Fonterra de hoxe rexistrou no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos 3.202 $/tonelada (4,3 %). Destacan os prezos do leite enteiro en po e do leite desnatado en po, que alcanzan os 3.059 $/tonelada (4,2 %) e os 2.659 $/tonelada (4, 3 %), respectivamente.

Tamén melloran os datos da manteiga, que chega ata os 4.940 $/tonelada (2,9 %), e do queixo, que pecha nos 3.858 $/tonelada (-0,2 %).