Fonterra pechas as poxas de 2023 cos prezos en aumento

Fonterra pechas as poxas de 2023 cos prezos en aumento

A poxa de Fonterra despide 2023 cos datos en positivo. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos mellorou nun 2,3 %, acadando os 3.388 $/tonelada. 

O maior incremento anótao a manteiga (+9,9 %), que ao peche da xornada chegara aos 5.458 $/tonelada. Tamén destaca o dato do queixo: aumenta o seu valor nun 6,9 % e rexistra un prezo de 4.265 $/tonelada. 

Boa semana tamén para o leite enteiro en po, que alcanza os 3.207 $/tonelada tras unha mellora do 2,9 %. En contrapartida, o leite desnatado en po descende nun 1,3 %, ata os 2.620 $/tonelada.