A primeira poxa de Fonterra neste 2025 comeza cun lixeiro descenso no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, dun -1,4 %, situándose nos 4.029 $/tonelada.
Cómpre destacar que, a pesar desta baixada xeral, algúns produtos lácteos incrementaron o seu valor considerablemente, como a mozzarella, que sobe de prezo un 3,6 % e alcanza deste xeito os 4.173 $/tonelada. Tamén aumentan de prezo a manteiga, un 2,6 %, e o queixo, un 1,0 %, que rexistran cifras de 6.815 $/tonelada e 4.728 $/tonelada, respectivamente.
Pola súa banda, o leite enteiro en po marca 3.804 $/tonelada, cun descenso do -2,1 % respecto da anterior poxa; baixa así mesmo o prezo do leite desnatado en po un -2,2 %, quedándose nos 2.682 $/tonelada.