Fonterra estrea marzo cunha importante subida da manteiga

Fonterra estrea marzo cunha importante subida da manteiga

Fonterra inicia o mes de marzo cunha lixeira baixada no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, dun -0,5 %, anotando unha cifra de 4.209 $/tonelada. Resalta nesta poxa o incremento do prezo da manteiga, dun 2,7 %, chegando aos 7.577 $/tonelada.

Así mesmo, aumentan o seu valor de xeito considerable o queixo, un 1,1 %, e o leite desnatado en po, un 0,6 %, alcanzando cifras de 4.915 $/tonelada e 2.744 $/tonelada, respectivamente. Pola súa parte, o leite enteiro en po quédase nesta primeira quincena de marzo cun prezo de 4.061 $/tonelada (-2,2 %).