Fonterra mantén os datos na primeira cita de marzo

Fonterra mantén os datos na primeira cita de marzo

Estabilidade xeral no prezo dos lácteos esta semana en Fonterra con respecto á anterior quincena: baixan un -0,7% e rexistran un valor medio final de 3.403 $/tonelada.

Mentres que o leite enteiro en po sobe un 0,2 %, ata os 3.277 $/tonelada; o leite desnatado en po e a manteiga descenden ata os 2.739 $/tonelada (-1,1 %) e a os.899 $/tonelada (0,3 %), respectivamente.

Así mesmo, o queixo, que levaba varias semanas rexistrando subidas moi fortes, tende agora cara á estabilización e, tras unha baixada destacada (-10 %), pecha a xornada en 4.509 $/tonelada.