A primeira poxa de maio en Fonterra aumenta as cotizacións dos derivados do leite. O índice global de prezos do comercio de derivados do leite sobe un 4,6 % e o prezo medio acada os 4.516 $/tonelada.
Varios dos produtos lácteos incrementaron o seu valor. A suba máis destacada corresponde ao queixo cheddar, cun 12 % ata acadar os 5.519 $/tonelada.
O leite enteiro en po aumentou a súa valoración nun 6,2 % e chega aos 4.374 $/tonelada. Tamén se incrementou o valor da manteiga nun 3,8 %, acadando os 7.992 $/tonelada.
Pola súa banda, o leite desnatado en po fixou a súa valoración en 2.828 $/tonelada (+ 0,5 %). Só a mozzarella descendeu lixeiramente a súa cotización, ao situar o seu prezo en 4.752 $/tonelada.
Dende a primeira poxa de novembro de 2024 (3.997 $/tonelada), o índice global de prezos dos lácteos non baixa dos 4.000 $/tonelada.