Fonterra continúa cos seus prezos á alza na segunda poxa de abril

Fonterra continúa cos seus prezos á alza na segunda poxa de abril

A segunda poxa de abril en Fonterra incrementa as cotizacións dos derivados do leite. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos sobe un 1,6 % e o prezo acada os 4.385 $/tonelada.

Varios dos produtos viron aumentado o seu valor. A suba máis destacada correspóndelle á mozzarella cun 5,4 %, acadando os 4.763 $/tonelada. O leite enteiro en po incrementou a súa valoración nun 2,8 % e chega aos 4.171 $/tonelada.

Tamén volveu subir o valor da manteiga cun 1,5 % e fixa o seu prezo en 7.679 $/tonelada.

Pola súa banda, descenden a súa cotización o leite desnatado en po (2.795 $/tonelada) e o queixo cheddar (4.923 $/tonelada).

Dende a primeira poxa de novembro de 2024 (3.997 $/tonelada), o índice global de prezos dos lácteos non baixa dos 4 $/tonelada.