Logo dunha baixada considerable (-2 %) do índice global de de prezos do comercio de produtos lácteos na quincena anterior, hoxe a poxa de Fonterra volveu rexistrar datos positivos. Cun incremento do 1,8 % no índice global, o prezo medio ascendido ata os 3,157 $/tonelada.
A subida máis destacable de hoxe é a do leite semidesnatado en pó (+2,5 %), que acada os 2,799 $/tonelada. Tamén son positivos os datos do leite enteiro en pó (+1,8 %), que chega os 3,037 $/tonelada e da manteiga (0,4 %), que ao peche da poxa acadara os 3,838 $/tonelada. Nesta ocasión, o queixo descendeu un 3,5 % ata os 3,641 $/tonelada.