FrieslandCampina anuncia un prezo de 56,96 €/100 kg para o leite en marzo

FrieslandCampina anuncia un prezo de 56,96 €/100 kg para o leite en marzo

A industria láctea FrieslandCampina, de Países Baixos, informou sobre o prezo garantido da leite aos seus produtores para o mes de marzo, que baixa por terceiro mes consecutivo. A baixada é de 1,25 € por cada 100 quilogramos de leite, en comparación con febreiro, garantindo un valor de 53,75 €/100 kg.

O prezo integral da leite no terceiro mes do ano queda en 56,96 €/100 kg. Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos de sostibilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pago adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.

O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVA. As cantidades aplican a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais. Este mes, a cotización da proteína é de 821,03 euros e a da graxa é de 547,35 euros por 100 quilogramos.