FrieslandCampina continuará un mes máis co mesmo prezo para o leite

FrieslandCampina continuará un mes máis co mesmo prezo para o leite

A industria láctea FrieslandCampina, con sede en Holanda, acaba de confirmar que garante o mesmo prezo do leite por cuarto mes consecutivo e que pagará 43,25 euros por cada 100 kg en agosto. 

Así, durante este próximo mes, o prezo garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,54 % de lactosa, sen IVE. Ditas cantidades aplícanse, como vén sendo habitual, a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais.

Os valores da proteína e da graxa para este mes continúan sendo os mesmos que en xullo: para proteína, 660,64 euros por 100 quilogramos, e para graxa, 440,43 euros por 100 quilogramos.