A industria láctea dos Países Baixos FrieslandCampina anunciou un aumento no prezo garantido do leite os seus produtores en maio. Nesta ocasión, ascende 1,25 € por cada 100 kg de leite en comparación co mes anterior e garántese un valor de 56,50 €/100 kg.
O prezo integral do leite alcanza os 59,71 €/100 kg. Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos de sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pagamento adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.
O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades aplícanse a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais. Este mes, o valor da proteína é de 863,03 euros e o da graxa é de 575,36 euros por 100 quilogramos.