FrieslandCampina mantén o prezo do leite aos seus produtores en xullo

FrieslandCampina mantén o prezo do leite aos seus produtores en xullo

A industria láctea holandesa FrieslandCampina anunciou que non haberá cambios no prezo garantido do leite aos seus produtores no mes de xullo, co cal asegura un valor por segundo mes consecutivo de 56,75 €/100 kg.

O prezo integral do leite mantense nos 59,96 €/100 kg. Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sustentabilidade, e un bono por cantidade, despois das deducións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pago adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.

O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades aplícanse a un subministro medio de 925.000 quilos de leite anuais. Neste mes, o valor da proteína volve ser de 866,85 euros e o da graxa continúa en 577,90 euros por 100 quilogramos.