FrieslandCampina sobe de novo o prezo do leite aos seus produtores

FrieslandCampina sobe de novo o prezo do leite aos seus produtores

A industria láctea FrieslandCampina, de Holanda, anunciou que o prezo garantido do leite aos seus produtores aumenta no mes de xuño. A subida é de 0,25 € por cada 100 quilogramos de leite, con respecto a maio, asegurando un valor de 56,75 €/100 kg.

O prezo integral do leite alcanza os 59,96 €/100 kg. Este importe baséase no prezo garantido, complementado pola prima máxima de Foqus planet, polos esforzos en sostibilidade, e un bono por cantidade, despois das deduccións por cargos e custos. Ademais, os membros de FrieslandCampina poden recibir un pago adicional en función dos resultados e da política de ganancias retidas adoptada.

O valor garantido aplicarase aos 100 kg de leite con contidos estándar de 3,58 % de proteína, 4,45 % de graxa e 4,53 % de lactosa, sen IVE. As cantidades aplícanse a unha subministración media de 925.000 quilos de leite anuais. En xuño, o valor da proteína é de 866,85 euros e o da graxa de 577,90 euros por 100 quilogramos.