Tras a impresionante subida da quincena anterior na que Fonterra anotou un incremento do 15 % no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos, hoxe rexistra un pequeno retroceso, case esperado despois do marcado hai quince días, do 3,8 %. Así o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou un valor final de 4,089 $/tonelada, cifra que continúa en máximos históricos dos últimos sete anos, e pecha marzo cun incremento medio dun 9,2 % con respecto ao mes anterior.
O leite desnatado en po, que sobe o seu valor nun 0,7 %, alcanza os 3.350 $/tonelada, en máximo histórico dos últimos cinco anos. Pola súa banda, o leite enteiro en po, cunha redución do 6,2 %, consegue quedar por encima da 4.000 $/tonelada, exactamente en 4.083, e a manteiga mantense nos niveis máis altos desde 2018, cun prezo de 5.659 $/tonelada.
Pola súa banda, a graxa anhidra de leite é a que rexistrou un incremento maior nesta poxa de hoxe, cun ascenso do 3,7 %, e queda nos 6.155 $/tonelada.