O prezo do leite spot desnatado en Italia rexistra un importante incremento no que vai de mes, dun 64 %, acadando a cifra de 21,22 euros por cada 100 litros no mercado de Verona. Os expertos explican que as subas débense á falta de leite nos mercados internacionais a día de hoxe e ao descenso do número de vacas en produción.
Os outros datos do mercado de Verona tamén reflicten unhas subas importantes. O prezo do leite spot de orixe nacional experimenta unha gran suba neste mes de maio, dun 17,23 %, cun prezo a día de hoxe no mercado de Verona de 52,58 euros por cada 100 litros.
Así mesmo, tamén durante este mes, aumenta un 16,25 % o valor do leite spot estranxeiro, cun prezo actual no mercado de Verona de 47,94 euros por cada 100 litros.