A poxa de hoxe de Fonterra experimentou un notable incremento nos prezos. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 5,5 % respecto á anterior poxa e alcanzou así unha media de 3.920 $/tonelada.
Nunha xornada na que practicamente todos os produtos aumentaron o seu valor, destaca a subida do leite enteiro en po, que chega ata os 3.482 $/tonelada, cun incremento do 7,2 %. Tamén rexistra datos en positivo o leite desnatado en po, que, cun ascenso do 4,0 %, alcanza os 2.636 $/tonelada. Ademais, o valor da manteiga anota na poxa de hoxe unha subida do 3,7 % e sitúase en 6.706 $/tonelada.
Só o queixo cheddar sofre un leve descenso do -0,2 % respecto á quincena anterior, ata situarse nos 4.274 $/tonelada. Pola súa banda, a mozzarella incrementa o seu valor un 5,0 % e rexistra un prezo de 4.810 $/tonelada.