O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos rexistrou hoxe un incremento final do 4,3% ata alcanzar a 3,261 $/tonelada de media. Todos os produtos sacados a poxa aumentaron o seu valor con respecto á quincena pasada.
Destacan especialmente as subidas do leite enteiro en po (+5%), que anota un prezo final de 3,182 $/tonelada, e do leite semidesnatado en po (+3,6%), que chega aos 2,899 $/tonelada.
Soben tamén a manteiga (+3,8%) ata os 3,986 $/tonelada e o queixo (+2,4%), que alcanza os 3,734 $/tonelada.