O Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores que publica mensualmente a Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, rexistra un pequeno descenso no prezo medio do leite en xuño (0,534 €/litro) con respecto ao mes de maio (0,543 €/litro) no conxunto do país.
Por rexións, Baleares (0,504 €/litro), Galicia (0,517 €/litro) e Murcia (0,518 €/litro) volven ser un mes máis as tres comunidades co prezo máis baixo, mentres que Canarias (0,614 €/litro), Asturias (0,573 €/litro) e Castela e León (0,552 €/litro) conseguen as medias máis altas.
En relación ao volume de produción mensual, a cifra de leite cru producida en España tamén descende, xa que en maio declaráronse 655.833 toneladas e en xuño rexistráronse 614.700 toneladas.