O mercado italiano de Verona, un dos referentes europeos para o leite spot, supera esta semana os 68 euros por cada 100 litros de leite enteiro pasteurizado spot de orixe estranxeiro, principalmente de Alemaña e Austria. Na última tasación de xuño, a cotización do leite incrementouse nun 6,5 %.
O prezo actual supera en 10 euros cada 100 litros o prezo fixado en 2024 nestas mesmas datas. A tendencia á alza do ano pasado alcanzou o seu culme en novembro cando o valor se situou por riba dos 70 € cada 100 litros.