O prezo do leite spot no mercado italiano, referencia a nivel europeo, marca hoxe na cámara de comercio de Verona un prezo de 55,16 euros por cada 100 litros.
Este dato supón un claro incremento do prezo e, polo tanto, a confirmación dunha tendencia alcista no último mes, cunha evidente suba nos prezos do leite spot en Italia.