Os mercados italianos volven a marcar máximos co leite spot, rexistrando así unha importante suba no seu prezo. O leite spot de orixe nacional alcanza, nesta ocasión, os 57,22 euros por cada 100 litros, cun aumento relevante no seu valor.
Así mesmo, o leite spot de orixe estranxeiro, procedente de Alemaña ou Austria, anota esta semana un prezo de 53,61 euros/100 litros. Outro dato a destacar é o do leite spot desnatado, cun incremento semanal do 8,10 %, marcando así un prezo de 21,22 euros/100 litros.