O leite spot en Italia supera os 55 euros por cada 100 litros

O leite spot en Italia supera os 55 euros por cada 100 litros

Tras os datos históricos rexistrados a semana pasada, o prezo do leite spot en Italia continúa amosando importantes subidas. Nesta ocasión, o leite spot enteiro de orixe nacional aumenta o seu valor nun 5,9 % e acada os 55,67 euros por cada 100 litros no mercado de Verona. Así mesmo, o leite spot enteiro estranxeiro reflicte esta semana, tamén no mercado de Verona, un prezo de 50 euros por cada 100 litros, o que supón un aumento dun 4,3 %.

O leite spot desnatado incrementa o seu valor esta semana outro 10 % máis no mercado de Verona, dato que se suma ao máis do 60 % de aumento que xa se observou a semana pasada. Deste xeito, o prezo a día de hoxe xa acada os 23,29 euros por cada 100 litros.