O leite spot en Italia supera os 70 euros cada 100 litros

O leite spot en Italia supera os 70 euros cada 100 litros

Os mercados italianos, referentes europeos para o leite spot, superan hoxe a barreira dos 70 euros cada 100 litros. Tanto no mercado de Verona coma no de Milán, o leite spot  de orixe nacional e o estranxeiro rexistraron importantes subidas.

No mercado de Verona, o leite cru spot de orixe nacional incrementa o seu valor nun 2,2 %, chegando aos 71,65 euros por cada 100 litros. O de orixe estranxeiro sobe igualmente, un 1,5 %, e quédase en 71,14 euros por cada 100 litros.

Con respecto ao mercado de Milán, o leite cru spot de orixe nacional subiu un 1,5 %, alcanzado os 70,62 euros por cada 100 litros; o de orixe estranxeiro anota 70,11 euros por cada 100 litros, tamén cunha subida do 1,5 %.