Hoxe celebrouse a primeira poxa do ano de Fonterra e, seguindo a tendencia de 2021, os datos volveron a ir en ascenso: o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou os 4.247 $/tonelada, unha mellora do 0,3 % con respecto á quincena anterior. O incremento é de máis de 800 $/tonelada con respecto ao mesmo período do ano pasado, cando se rexistrou un valor medio de 3.420 $/tonelada.
Na xornada de hoxe o produto máis destacado foi o queixo, que chegou aos 5.487 $/t (+4,9 %). O leite enteiro en po permaneceu sen cambios sinalables (3.866 $/tonelada), mentres que o leite semidesnatado en po subiu un 1,0 % ata os 3.773 $/tonelada e a manteiga alcanzou os 5.868 $/t (+0,3 %).