A tendencia cara á recuperación nos prezos dos lácteos en Europa parece estar replicándose no mercado global. Segundo os últimos datos publicados, a poxa de Fonterra celebrada hoxe pechouse cunha subida do índice global de prezos do comercio de produtos lácteos dun 1,9 % con respecto á anterior (celebrada hai 15 días).
Tras mes e medio cos valores en positivo, este incremento, que se traduce nunha subida do prezo medio de 2.979 $/tonelada, é o máis destacado do ano (só o superan os datos da primeira quincena de xaneiro, cando se alcanzaron os 3.434 $/ton).
O prezo do leite enteiro en po subiu un 2,2 % hoxe, ata situarse nos 2.829 $/tonelada. Maior foi o incremento do leite desnatado en po, que chegou aos 2.609 $/tonelada tras subir un 3,1 %. Pola súa banda, a manteiga sofre en descenso do -1 % e o seu prezo queda nos 3.597 $/tonelada.