Os lácteos en Fonterra sobren de prezo por primeira vez en 2025

Os lácteos en Fonterra sobren de prezo por primeira vez en 2025

A segunda subasta do ano de Fonterra acredita un incremento nas cotizacións dos derivados do leite. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos aumentou un 1,4 % con respecto á primeira poxa do ano e chegou así a unha media de 4.146 $/tonelada.

Varios dos produtos acrecentaron o seu valor. A subida máis destacada corresponde o leite en po enteiro cun 5 % para acadar os 3.988 $/tonelada. O queixo cheddar aumentou a súa taxación nun 2,8 % e chegou aos 4.846 $/tonelada.

Nunha porcentaxe de crecemento igual ou superior ao 2 % atópanse a manteiga (6.984 $/tonelada) e o leite en po desnatado (2.729 $/tonelada). Pola contra, o prezo da mozzarella descendeu lixeiramente para situarse nos 4.161 $/tonelada.

Dende a primeira subasta de novembro de 2024 (3.997 $/tonelada), o índice global de prezos dos lácteos non é inferior aos 4 $/tonelada.