A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, vén de publicar o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de marzo, no que se recolle un prezo medio do leite en España de 0,496 €/litro. Este valor supón un lixeiro incremento respecto aos dous primeiros meses do ano.
El prezo actual continúa a tendencia de leves subas, despois dos meses centrais do verán pasado. Non obstante, atópase por debaixo da taxación marcada en marzo de 2024: 0,511 €/litro.
En canto ao volume de produción mensual, odocumento reflexa un descenso con respeto ao mesmo periodo do ano pasado. Mentras en marzo de 2024 se declararon 656.101 toneladas, en marzo de 2025 a cifra só alcanzou as 647.005 toneladas. Dsta manera, marzo de 2025 converteuse no terceiro mes consecutivo no que cae a produción de leite en España.
As comunidades autónomas que fixaron o prezo máis alto en marzo foron Canarias (0,633 €/litro), País Vasco (0,538 €/litro) e Asturias (0,523 €/litro). Pola contra, os prezos máis baixos corresponden ás Illas Baleares (0,465 €/litro), Galicia (0,475 €/litro) e Navarra (0,497 €/litro).