O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos sufriu un leve descenso na xornada de hoxe en Fonterra con respecto á anterior quincena: un -1,0 % menos, ata os 3.794 €/tonelada.
Baixan lixeiramente os prezos do leite enteiro en po (-2,1 %) e do leite desnatado en po (-1,3 %) ata os 3.531 €/tonelada e os 2.399 €/tonelada, respectivamente. A pesar diso, destacan en positivo os valores do queixo e da manteiga. O primeiro anotou unha suba importante, do 5,1 %, e chega a un prezo final de 4.316 €/tonelada. Pola súa banda, a manteiga mellora un 1,4 % e marca este martes 6.821 €/tonelada.