Os derivados do leite soben de valor en Fonterra e acadan os 4,380 $/tonelada

Os derivados do leite soben de valor en Fonterra e acadan os 4,380 $/tonelada

A segunda poxa de xullo en Fonterra aumenta as cotizacións dos derivados do leite. O níndice global de prezoa do comercio de produtos lácteos sobe un 1,1 % y o prezo medio chega aos 4,380 $/tonelada.

O leite desnatado en po é un dos produtos que mñais acrecenteu o seu valor, nun 2,5 %, para situarse nos 2,785 $/tonelada. Tamén destaca a subida do leite enteiro en po (+ 1,7 %) e marca un prezo de 3,928 $/tonelada. 

Pola súa parte, a manteiga mantense practicamente sen cambios e volveu cerar a súa taxación cerca dos 7,500 $/tonelada. 

En cambio, a mozzarrella descendeu o seu valor nun 0,7 % (4,760 $/tonelada) e o queixo cheddar nun 5,6 % (4,589 $/tonelada).