A segunda poxa de Fonterra neste mes de novembro rexistrou un novo incremento, dun 1,9 %, no índice global de prezos dos produtos lácteos para alcanzar a media dos 3.875 €/tonelada.
É destacable o incremento do prezo medio do leite en po enteiro, produto que rexistrou un aumento do seu valor dun 3,2 % ata chegar aos 3.626 €/tonelada; do leite en po desnatado, que acada os 2.731 €/tonelada (+0,9 %), e da manteiga, que anotou unha media de 6.641 €/tonelada (+0,5 %).
Pola contra, o prezo medio dos queixos si se viu reducido. A mozzarella baixou o seu valor un 6,6 % ata os 4.089 €/tonelada, e o queixo cheddar acadou unha cotización de 4.581 €/tonelada (-3,1 %).