Novo e notable incremento nos valores medios na poxa neozelandesa de Fonterra. Na xornada de hoxe, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou a 4.630 $/tonelada, dato que mellora nun 4,1 % ao recollido na quincena anterior e que supón máis dun centavo de diferenza con respecto á primeira poxa de febreiro de 2021.
Sobresae o forte incremento do leite enteiro en po, que alcanza os 4.324 $/tonelada tras unha mellora do 5,8 % e tamén é destacable a mellora da manteiga (+3,3 %), que chega aos 6.359 $/t. Bos son, así mesmo, os datos do queixo (+2,4 %), que anota 5.684 $/t, e os do leite desnatado en po (+2,1 %), que ao peche da poxa superara a barreira dos 4.000 $ ao situarse en 4.051 $/tonelada.