Os prezos de venta en Fonterra seguen en aumento

Os prezos de venta en Fonterra seguen en aumento

Os mercados internacionais parecen valorar e estar dispostos a retribuír cada vez mellor o labor dos produtores. Esta mañá falabamos dos datos en Europa e agora ímonos ata Nova Zelandia, onde a poxa de Fonterra de hoxe se pechou cun novo incremento no índice global de prezos do comercio de produtos lácteos do 4,8 %. O prezo medio alcanzou a 3.593 $/tonelada.

Destacou particularmente o prezo final do leite enteiro en po, que segue subindo e hoxe alcanza os 3.380 $/tonelada, un incremento do 2,2 % no seu prezo.

Así mesmo, continúa en ascenso o valor de mercado do leite desnatado en po, que sobe un 7 % con respecto á quincena anterior e anota un prezo final de 3.243 $/tonelada. Tamén é notable a subida da manteiga, que continúa co seu mes de ascensos rexistrando un valor de 4.735 $/tonelada (+4,6 %). Pola súa banda, o queixo sofre un lixeiro descenso (-0,3 %) e sitúase nos 4.082 $/tonelada.