A hoxe volveu a ser unha poxa de grandes cifras en Fonterra. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou os 4.840 $/tonelada, un dato que supón unha mellora do 4,2 % con respecto á anterior poxa e que mantén a tendencia á alza.
Destaca moi notablemente o incremento no prezo da manteiga (+5,1 %), que acada os 6.686 $/tonelada, así como a gran mellora do leite enteiro en po (+4,2 %), que chega aos 4.503 $/t. Sobresae, así mesmo, o leite desnatado en po (+6,0 %), que rexistra un valor de 4.295 $/t, e sube tamén o queixo ata os 5.881 $/t (+3.5 %).