Tras dous meses e medio e baixadas continuadas, consecuencia dos datos históricos que se alcanzaron no primeiro trimestre do ano, na poxa de onte en Fonterra os valores dos produtos lácteos volveron repuntan. O índice global de prezos chegou ós 4.656 $/tonelada, un 1,5 % máis que na quincena anterior.
Nesta ocasión, o produto máis destacado foi a manteiga, que mellorou o seu prezo nun 5,6 % e rexistrou 6.068 $/t. Tamén mellorou o dato do leite desnatado en po, que ao peche da xornada estaba nos 4.240 $/t (+3,0 %).
No outro lado da balanza atópanse o queixo e o leite enteiro en po. O primeiro produto reduce un 3,6 % o seu valor, ata os 5.365 $/t, mentres que o segundo o fai un 0,3 %, ata os 4.158 $/t.