Os prezos dispáranse en Fonterra cunha subida do 15%

Os prezos dispáranse en Fonterra cunha subida do 15%

Nova poxa en Fonterra e nova subida nos prezos. Os datos levan á alza dende novembro e non abandonan esta tendencia tampouco esta semana, que rexistra un crecimiento histórico: o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos anotou un incremento do 15 % con respecto aos datos anteriores e un prezo medio de venda de 4.231 $/tonelada.

Nesta ocasión o produto cun incremento máis significativo foi o leite enteiro en po (+21 %), que ao peche da poxa acadara os 4.364 $/tonelada; seguida da manteiga, que sobe un +13,7 % e sitúase nos 5.826 $/tonelada.

Pola súa banda, o leite semidesnatado en po anota un aumento do 3,5 % e alcanza os 3.302 $/tonelada, mentres que o queixo pecha a xornada cun prezo final de 4.280 $/tonelada (1,3 %).