A subida do valor dos produtos lácteos na poxa neozelandesa de Fonterra parece non atopar tope. Na xornada de hoxe, o índice global de prezos do comercio de produtos lácteos alcanzou os 4.287 $/tonelada. Este dato supón un incremento do 1,9 % con respecto á quincena anterior e supera o que ata hoxe era o mellor rexistro de 2021 (4.23 $/tonelada).
Nunha poxa na que foi en aumento o valor de todos os produtos, destacou especialmente a manteiga, que incrementa o seu prezo un 3,5 % e chega aos 5.534 $/tonelada. Sobe tamén o queixo (+2,2 %) ata os 5.162 $/tonelada, así como o leite enteiro en po, que acada os 3,987 $/tonelada (+ 1,9 %), e o leite desnatado en po, que ao peche da xornada chegara aos 3.676 $/tonelada.
MESMO PANORAMA EN MERCADOS EUROPEOS
A situación en Oceanía non é unha excepción, senón que se replica en mercados europeos. Segundo os datos máis recentes, o prezo do leite en Irlanda chega xa a os 52,75 €/100 kg e en Italia están a alcanzar máximos de 51,55 cént/100 litros.