Os principais mercados italianos pechan xuño cunha importante subida no prezo de venda de leite spot

Os principais mercados italianos pechan xuño cunha importante subida no prezo de venda de leite spot

O mercado lácteo italiano comeza a recuperarse tras o gran descenso sufrido no mes de marzo por mor da expansión da covid-19 no país. Así, Verona e Milán pecharon o mes de xuño cunha subida media de case o 20 % no prezo de venda de leite spot procedente de Austria e Alemaña e no caso de Verona e de Francia no caso de Milán.

Balance esperanzador no mercado milanés, onde os prezos de venda subiron un 19,45 % con respecto ao mes pasado ata situarse nos 334,0 €/tonelada a finais de xuño, uns valores moi superiores aos recollidos nos últimos dous meses: en abril baixou ata os 2,661 €/ton (o prezo máis baixo dende febreiro de 2018) e en maio ascendeu lixeiramente a 279,7 €/ton.

En Verona, o leite spot austríaco e alemá tamén anotou un ascenso notable en xuño: subiu un 18,91 % con respecto a maio e situouse nos 3,64,7 €/tonelada. A recuperación está a ser moi parella en ambos mercados e no caso de veronés a tendencia tamén se mantén en positivo dende abril (2.956 €/tonelada en abril e 306,7 €/tonelada en maio).