A Subdirección Xeral de Producións Gandeiras e Cinexéticas, dependente da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, publicou o Informe de Declaracións de Entregas de Leite Cru aos Primeiros Compradores correspondente ao mes de novembro de 2021, no que se plasma un prezo medio do conxunto estatal de 0,362 €/litro, cifra que mellora a anotada en outubro do mesmo ano (0,353 €/litro).
Neste contexto, é destacable que Galicia, unha das principais rexións produtoras de leite do país, sexa a comunidade peor paga neste período (0,350 €/litro). Séguena de preto Baleares (0,351 €/litro), A Rioxa (0,352 €/litro), Navarra (0,354 €/litro) e Cantabria (0,355 €/litro). No extremo oposto, destacan Canarias (0,450 €/litro), Cataluña (0,383 €/litro), País Vasco (0,379 €/litro), Madrid (0,378 €/litro) e Asturias (0,377 €/litro) como as comunidades que rexistran os importes máis elevados.