A manteiga volve subir de prezo en Fonterra nun escenario de estabilidade nos lácteos

A manteiga volve subir de prezo en Fonterra nun escenario de estabilidade nos lácteos

A segunda poxa de marzo en Fonterra mantén as cotizacións dos derivados do leite. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos non presenta variacións con respecto a hai dúas semanas e estabilízase nunha media de 4.245 $/tonelada.

Non obstante, a manteiga é un dos produtos que incrementa novamente o seu valor. Á suba do inicio de mes, súmaselle un crecemento do 1,1 % para alcanzar os 7.667 $/tonelada.

A mozzarella presenta o maior aumento nesta poxa, acada os 4.704 $/tonelada cunha porcentaxe positiva do 5,1 %. Tamén soben de tasación o queixo cheddar (4.976 $/tonelada) e o leite enteiro en po (4.052 $/tonelada).

Por outra banda, o leite desnatado en po sofre un lixeiro descenso (-0,4 %) e o seu prezo sitúase en 2.729 $/tonelada.

Dende a primeira poxa de novembro de 2024 (3.997 $/tonelada), o índice global de prezos dos lácteos non é inferior aos 4 $/tonelada.