Máximo histórico do prezo da manteiga en Europa

Máximo histórico do prezo da manteiga en Europa

O mercado alemán, referencia para o prezo da manteiga a nivel mundial, rexistrou cifras de récord histórico no prezo deste produto lácteo, chegando neste mes de agosto aos 7.188 euros por tonelada.

nha importante evolución á alza que tamén confirman os datos publicados polo Observatorio Lácteo da Unión Europea, que fixan unha media de 6.750 €/t, cun aumento nas últimas catro semanas dun 2,5 %.

Neste mesmo informe, o Observatorio Lácteo da Unión Europea marca subas nas cotizacións de todos os produtos lácteos ao longo do último mes. O leite enteiro en po acadou os 3.920 €/t, cun aumento do 2,7 %; o leite desnatado en po chegou aos 2.410 €/t, tras subir un 1,6 %, e o prezo do queixo incrementou o seu valor un 0,3 % ata os 3.900 €/t.