Forte subida da manteiga e do leite enteiro en po na poxa de hoxe en Fonterra. O índice global de prezos do comercio de produtos lácteos subiu un 3,2 % con respecto á quincena anterior e acadou os 3.456 $/tonelada.
Nunha xornada na que ningún dos produtos poxados sufriu descensos no seu valor, destaca especialmente a mellora da manteiga, que chega ata os 4.754 $/tonelada, un incremento do 6,6 % con respecto á última poxa de xaneiro. Tamén sobresae o leite enteiro en po, que rexistra unha subida do 3,8 % e anota un prezo final de 3.329 $/toneladas.
Mellora tamén o valor do queixo, nun 2,3 %, e rexistra un valor de 4.980 $/tonelada. Pola súa banda, o leite desnatado en po non presenta cambios e mantense estable, nos 2.829 $/tonelada.